Escola de Educación Infantil Milladoiro

Escola de Educación Infantil Milladoiro



Blog de Educación Infantil que ten como finalidade dar a coñer ás familias as actividades que se levan a cabo nas sesións de música.





sábado, 26 de marzo de 2011

O COELLO

Estamos engaiolados na clase de música co novo traballo de Susa Herrera, ANIMAIS ENCANTADORES, publicado pola editorial Primera Persona.



Conta cunha serie de cancións baseadas en contos, nas cales podemos facer diferentes tipos de movementos e ritmos así como unha serie de xestos á hora do estribillo.

En primeira instancia, estivemos traballando coa canción do coello.




A letra da canción é a seguinte:

Son Milo o coello branco, os meus ollos son azuis,
teño moitos amigos con quen parolar.

Nós temos longas orellas, bigotes, nariz,
tipiño e cola pequena que se move así.

Saltamos entre as flores dando reviravoltas,
estamos moi quentiños deitados ó sol.

Nós temos longas orellas, bigotes, nariz,
tipiño e cola pequena que se move así.

(...)

Para bailar o estribillo temos que seguir as seguintes instruccións:
  • Nos temos longas orellas,(coas mans imitamos que poñemos dúas orellas enriba da cabeza).
  • bigotes, (cos nosos dedos, imitamos que temos bigotes na cara)
  • nariz, (tocamos cun dedo a nariz)
  • tipiño (tocamos a cintura á vez que contoneamos o corpo)
  • e cola pequena que se move así. (poñemos as mans no cu e movémonos, imitando ó rabiño do coello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario