Escola de Educación Infantil Milladoiro

Escola de Educación Infantil Milladoiro



Blog de Educación Infantil que ten como finalidade dar a coñer ás familias as actividades que se levan a cabo nas sesións de música.





martes, 8 de febrero de 2011

OVELLIÑAS E LOBOS

Na sesión de música desta semana, ademais da audición de Vivaldi e da danza "A caminho de Viseu" estamos facendo tamén xogos moi divertidos:

AS OVELLIÑAS E O LOBO



O xogo consiste en que dous nen@s somos lob@s e os demais somos ovelliñas. Deste xeito, deberemos estar moi atentos ó son de tres instrumentos:

  • Cando toquemos o triángulo: é de día, polo que as ovelliñas saen apastar polo campo.
  • Cando toquemos o pandeiro: é pola tarde, e o lobo ten moita fame, polo que sae a cazar ovellas. As ovellas que cace o lobo convertiranse tamén en lobos.
  • Cando toquemos as tarrañolas: é de noite, polo que ovellas e lob@s durmen nas súas respectivas casiñas.
AROS MUSICADOS

Outro dos xogos son os aros musicados, no que hai un aro menos que o número de nen@s. Cando soa a música, deberán camiñar ó redor dos aros ó son da música. Cando pare, deberán ser o máis áxiles posibles para meterse dentro do aro. O que quede sen aro, quedará eliminado.

sábado, 5 de febrero de 2011

A CAMINHO DE VISEU

Esta semana, na sesión de música imos traballar unha danza do libro - cd - dvd da Editorial Kalandraka: "NA PUNTA DO PÉ".



"A caminho de Viseu" é unha danza da Beira Alta, no norte de Portugal que se fixo moi popular en todo o país.

Utilízase no ensino infantil por ter movementos e xestos axeitados para os cativos, polo que se canta ó mesmo tempo que se fan os xestos.

A canción de "A caminho de Viseu" é a seguinte:

Indo eu, indo eu a cinho de Viseu.

Encontrei ao meu amor.
Ai Jesus que lá vou eu.

Ora zus truz truz,
ora zás traz traz.

Ora chega, chega, chega,
ora, arreda lá para trás!

 

AS CATRO ESTACIÓNS

Durante o trimestre pasado estivemos traballando a obra de Antonio Vivaldi: "As Catro Estacións" (O Outono) nos grupos de 3, 4 e 5 anos.



Esta semana imos comezar a estudar ó seu compositor Antonio Vivaldi a través do conto e da audición de: "AS CATRO ESTACIÓNS" (O INVERNO).

Velaí vos vai un VÍDEO dun fragmento desta obra.