Escola de Educación Infantil Milladoiro

Escola de Educación Infantil Milladoiro



Blog de Educación Infantil que ten como finalidade dar a coñer ás familias as actividades que se levan a cabo nas sesións de música.





jueves, 12 de mayo de 2011

O VOO DO MOSCARDÓN DE RIMSKY - KORSAKOV

Outra das audicións desta semana que nos deixou coa boca aberta é a do "VOO DO MOSCARDÓN" de Rimsky - Korsakov.



Deste xeito, para que poidades desfrutar en familia desta divertida audición de música clásica, adxúntovos dous pequenos vídeos: un interpretado por un piano e outro, interpretado por un cello.




A MÁQUINA DE ESCRIBIR DE ANDERSON

Esta semana estamos traballando diferentes audicións de música clásica nas sesións de música.

Co motivo da conmemoración das letras galegas engaiolounos a "Máquina de Escribir" de Andeson.

Velaí vos vai un vídeo desta audición que tanto nos gusta e tanto nos fai disfrutar:

martes, 3 de mayo de 2011

O LEÓN NUGALLÁN

Esta semana , estamos a traballar a canción do LEÓN NUGALLÁN do libro - cd de "TODOS OS ANIMAIS Ó CAIXÓN" (Susa Herrera).




O vídeo de Susa Herrera é o seguinte:

O CROCODILO INTELIXENTE

O zoo dos nenos, é unha canción sobre o conto O crocodilo intelixente do libro - cd "TODOS OS ANIMAIS Ó CAIXÓN" de Susa Herrera que traballamos a semana pasada na clase de música.


Asemade, adxúntovos un vídeo de Susa Herrera cantando esta canción:

sábado, 26 de marzo de 2011

UN PEIXE MOI DIVERTIDO

Cos grupos de 3 e 4 anos estivemos tamén traballando o conto e a canción: "UN PEIXE MOI DIVERTIDO".



Este conto publicado pola editorial COMBEL,  empregando a técnica do pop - up abraia a pequenos e maiores cos seus impresionantes debuxos.

Ademais de traballar o conto, tamén estivemos aprendendo a súa canción, pertencente ó libro "Todos os animais ó caixón" de Susa Herrera en colaboración con Mamá Cabra.

Aquí vouvos colgar un vídeo onde a súa autora e unha colaboradora canta esta mesma canción pero na versión en castelán, xa que non aparece colgada na rede en galego:


O COELLO

Estamos engaiolados na clase de música co novo traballo de Susa Herrera, ANIMAIS ENCANTADORES, publicado pola editorial Primera Persona.



Conta cunha serie de cancións baseadas en contos, nas cales podemos facer diferentes tipos de movementos e ritmos así como unha serie de xestos á hora do estribillo.

En primeira instancia, estivemos traballando coa canción do coello.




A letra da canción é a seguinte:

Son Milo o coello branco, os meus ollos son azuis,
teño moitos amigos con quen parolar.

Nós temos longas orellas, bigotes, nariz,
tipiño e cola pequena que se move así.

Saltamos entre as flores dando reviravoltas,
estamos moi quentiños deitados ó sol.

Nós temos longas orellas, bigotes, nariz,
tipiño e cola pequena que se move así.

(...)

Para bailar o estribillo temos que seguir as seguintes instruccións:
  • Nos temos longas orellas,(coas mans imitamos que poñemos dúas orellas enriba da cabeza).
  • bigotes, (cos nosos dedos, imitamos que temos bigotes na cara)
  • nariz, (tocamos cun dedo a nariz)
  • tipiño (tocamos a cintura á vez que contoneamos o corpo)
  • e cola pequena que se move así. (poñemos as mans no cu e movémonos, imitando ó rabiño do coello.

OLÉLÉ MOLÍBÁ MÁKÁSÍ

"OLÉLÉ MOLÍBÁ MÁKÁSÍ"  é unha canción africana que se canta no Congo. Estivemos varias semanas tentando aprendela, e na maioría dos grupos deu resultado, principalmente nos de cinco anos, xa que soamente a estivemos aprendendo nas clases de 4 e 5 anos.

A letra é a seguinte (se lle pedides axuda ós pequenos, seguro que vos botan unha man):

Olélé olélé molibá mákási
Olélé olélé molibá mákási
Olélé olélé molibá mákási.

Mbóká na ye
Mbóká na ye
Mbóká mbóka kásaí.

Mbóká na ye
Mbóká na ye
Mbóká mbóka kásaí.

Olélé olélé molibá mákási
Olélé olélé molibá mákási
Olélé olélé molibá mákási.

PAPAGAIO LOIRO

A canción do "Papagaio loiro"  é unha canción de orixe portuguesa pertencente ó "CANCIONEIRO INFANTIL DEL PAPAGAYO",  coa cal iniciamos ós nenos e nenas do grupo de 4 e 5 anos no coñecemento de cancións populares doutros lugares do mundo.

A letra da canción di o seguinte:

Papagaio loiro
de bico doirado
leva-me esta carta
ao meu namorado!

Ele nao é frade
nem homen casado
é rapaz solteiro
lindo coma un cravo.

A PULGA NA PALLA

Esta danza, "A pulga na palla",  que bailamos a finais do mes de febreiro todos os grupos de 3, 4 e 5 anos pertence ó libro - cd de "Na punta do pé" de Kalandraka, do cal xa fixemos máis bailes.

Na danza interveñen catro personaxes cos seus respectivos oficios: raposo, araña, grilo e sapo, que son representados cada un por un neno ou unha nena cos seus respectivos xestos.

A letra da danza é seguinte:

A pulga na palla
quíxose casar,
faltáballe o pan,
onde o foi buscar?

Saiu o raposo
 detrás do toxeiro
 chamádeme a min
 que eu son pandeiro.

Imos todos aprender
os oficios a facer.

(...)

RECAPITULANDO ACTIVIDADES ANTERIORES

 
Logo de tantos días e días sen colgar nada no blog, vou facervos un pequeno resumo en diferentes entradas sobre algunhas das actividades que estivemos facendo esta tempada.

Polo que aí van algunhas das actividades que fumos facendo.

Un saúdo

martes, 8 de febrero de 2011

OVELLIÑAS E LOBOS

Na sesión de música desta semana, ademais da audición de Vivaldi e da danza "A caminho de Viseu" estamos facendo tamén xogos moi divertidos:

AS OVELLIÑAS E O LOBO



O xogo consiste en que dous nen@s somos lob@s e os demais somos ovelliñas. Deste xeito, deberemos estar moi atentos ó son de tres instrumentos:

  • Cando toquemos o triángulo: é de día, polo que as ovelliñas saen apastar polo campo.
  • Cando toquemos o pandeiro: é pola tarde, e o lobo ten moita fame, polo que sae a cazar ovellas. As ovellas que cace o lobo convertiranse tamén en lobos.
  • Cando toquemos as tarrañolas: é de noite, polo que ovellas e lob@s durmen nas súas respectivas casiñas.
AROS MUSICADOS

Outro dos xogos son os aros musicados, no que hai un aro menos que o número de nen@s. Cando soa a música, deberán camiñar ó redor dos aros ó son da música. Cando pare, deberán ser o máis áxiles posibles para meterse dentro do aro. O que quede sen aro, quedará eliminado.

sábado, 5 de febrero de 2011

A CAMINHO DE VISEU

Esta semana, na sesión de música imos traballar unha danza do libro - cd - dvd da Editorial Kalandraka: "NA PUNTA DO PÉ".



"A caminho de Viseu" é unha danza da Beira Alta, no norte de Portugal que se fixo moi popular en todo o país.

Utilízase no ensino infantil por ter movementos e xestos axeitados para os cativos, polo que se canta ó mesmo tempo que se fan os xestos.

A canción de "A caminho de Viseu" é a seguinte:

Indo eu, indo eu a cinho de Viseu.

Encontrei ao meu amor.
Ai Jesus que lá vou eu.

Ora zus truz truz,
ora zás traz traz.

Ora chega, chega, chega,
ora, arreda lá para trás!

 

AS CATRO ESTACIÓNS

Durante o trimestre pasado estivemos traballando a obra de Antonio Vivaldi: "As Catro Estacións" (O Outono) nos grupos de 3, 4 e 5 anos.



Esta semana imos comezar a estudar ó seu compositor Antonio Vivaldi a través do conto e da audición de: "AS CATRO ESTACIÓNS" (O INVERNO).

Velaí vos vai un VÍDEO dun fragmento desta obra.

miércoles, 26 de enero de 2011

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ 2011

Co motivo da conmemoración do DÍA DA PAZ 2011 durante a sesión de música desta e da próxima semana estamos a traballar unha fermosa canción do grupo galego LUAR NA LUBRE: No mundo.

A letra da canción é  a seguinte:

No mundo hai tres cousas que me poñen mal
as guerras, a fame e a desigualdad(e)
non sexas pasivo e móvete xa
aínda hai esperanza, debemos loitar.

Coas guerras fracasa a humanidad(e)
é unha constante de volta para atrás
morte, enfermidades e desolación
levántae, móvete e deixa o sillón.

Da fame, queirdos que vos vou dicer
milleiros de nenos non teñen que comer
en Asia, América ou en África
polo ben do mundo solidariedad(e).

(Grazas profe Selma)

Móstrovos un vídeo sobre a canción No mundo:

Luar na Lubre - No Mundo!

Vezi mai multe video din muzica

martes, 25 de enero de 2011

A FRAUTA MÁXICA

Polo Nadal, Papá Noel tróuxonos de agasallo o libro - cd da Frauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart da editorial Kalandraka. 



Deste xeito, estamos traballando en todos os grupos esta fascinante obra musical dun dos xenios musicais máis importantes da música clásica, así como ó seu compositor a través do conto.

Velaí vos vai un fragmento da Frauta Máxica:

BENVIDA

Benvidos e benvidas ó blog de MÚSICA da Escola de Educación Infantil do Milladoiro!!!

Con este blog pretendo darvos a coñecer as actividades que realizamos nas sesións de música dos vosos fillos e fillas.

Espero que vos guste!!!

Un saúdo:

A mestra de música