Escola de Educación Infantil Milladoiro

Escola de Educación Infantil Milladoiro



Blog de Educación Infantil que ten como finalidade dar a coñer ás familias as actividades que se levan a cabo nas sesións de música.





sábado, 26 de marzo de 2011

UN PEIXE MOI DIVERTIDO

Cos grupos de 3 e 4 anos estivemos tamén traballando o conto e a canción: "UN PEIXE MOI DIVERTIDO".



Este conto publicado pola editorial COMBEL,  empregando a técnica do pop - up abraia a pequenos e maiores cos seus impresionantes debuxos.

Ademais de traballar o conto, tamén estivemos aprendendo a súa canción, pertencente ó libro "Todos os animais ó caixón" de Susa Herrera en colaboración con Mamá Cabra.

Aquí vouvos colgar un vídeo onde a súa autora e unha colaboradora canta esta mesma canción pero na versión en castelán, xa que non aparece colgada na rede en galego:


O COELLO

Estamos engaiolados na clase de música co novo traballo de Susa Herrera, ANIMAIS ENCANTADORES, publicado pola editorial Primera Persona.



Conta cunha serie de cancións baseadas en contos, nas cales podemos facer diferentes tipos de movementos e ritmos así como unha serie de xestos á hora do estribillo.

En primeira instancia, estivemos traballando coa canción do coello.




A letra da canción é a seguinte:

Son Milo o coello branco, os meus ollos son azuis,
teño moitos amigos con quen parolar.

Nós temos longas orellas, bigotes, nariz,
tipiño e cola pequena que se move así.

Saltamos entre as flores dando reviravoltas,
estamos moi quentiños deitados ó sol.

Nós temos longas orellas, bigotes, nariz,
tipiño e cola pequena que se move así.

(...)

Para bailar o estribillo temos que seguir as seguintes instruccións:
  • Nos temos longas orellas,(coas mans imitamos que poñemos dúas orellas enriba da cabeza).
  • bigotes, (cos nosos dedos, imitamos que temos bigotes na cara)
  • nariz, (tocamos cun dedo a nariz)
  • tipiño (tocamos a cintura á vez que contoneamos o corpo)
  • e cola pequena que se move así. (poñemos as mans no cu e movémonos, imitando ó rabiño do coello.

OLÉLÉ MOLÍBÁ MÁKÁSÍ

"OLÉLÉ MOLÍBÁ MÁKÁSÍ"  é unha canción africana que se canta no Congo. Estivemos varias semanas tentando aprendela, e na maioría dos grupos deu resultado, principalmente nos de cinco anos, xa que soamente a estivemos aprendendo nas clases de 4 e 5 anos.

A letra é a seguinte (se lle pedides axuda ós pequenos, seguro que vos botan unha man):

Olélé olélé molibá mákási
Olélé olélé molibá mákási
Olélé olélé molibá mákási.

Mbóká na ye
Mbóká na ye
Mbóká mbóka kásaí.

Mbóká na ye
Mbóká na ye
Mbóká mbóka kásaí.

Olélé olélé molibá mákási
Olélé olélé molibá mákási
Olélé olélé molibá mákási.

PAPAGAIO LOIRO

A canción do "Papagaio loiro"  é unha canción de orixe portuguesa pertencente ó "CANCIONEIRO INFANTIL DEL PAPAGAYO",  coa cal iniciamos ós nenos e nenas do grupo de 4 e 5 anos no coñecemento de cancións populares doutros lugares do mundo.

A letra da canción di o seguinte:

Papagaio loiro
de bico doirado
leva-me esta carta
ao meu namorado!

Ele nao é frade
nem homen casado
é rapaz solteiro
lindo coma un cravo.

A PULGA NA PALLA

Esta danza, "A pulga na palla",  que bailamos a finais do mes de febreiro todos os grupos de 3, 4 e 5 anos pertence ó libro - cd de "Na punta do pé" de Kalandraka, do cal xa fixemos máis bailes.

Na danza interveñen catro personaxes cos seus respectivos oficios: raposo, araña, grilo e sapo, que son representados cada un por un neno ou unha nena cos seus respectivos xestos.

A letra da danza é seguinte:

A pulga na palla
quíxose casar,
faltáballe o pan,
onde o foi buscar?

Saiu o raposo
 detrás do toxeiro
 chamádeme a min
 que eu son pandeiro.

Imos todos aprender
os oficios a facer.

(...)

RECAPITULANDO ACTIVIDADES ANTERIORES

 
Logo de tantos días e días sen colgar nada no blog, vou facervos un pequeno resumo en diferentes entradas sobre algunhas das actividades que estivemos facendo esta tempada.

Polo que aí van algunhas das actividades que fumos facendo.

Un saúdo